ÍTACA TEATRO nace no 2018, produto do reencontro de dous antigos compañeiros que deciden xuntarse para levar adiante un proxecto que lles permita antepor o goce do proceso creativo e que, ao mesmo tempo, lles conceda a liberdade necesaria para afrontar as propostas que lles gustaría ver a eles como espectadores.
A compañía pretende atopar, e que prevaleza nas súas montaxes, o equilibrio necesario para captar o interese do programador, a atención do público, e acadar a satisfacción propia por facer o teatro que lles apaixona.

Elea López

Formada como actriz con Carlos Neira, Nuria Gullón, Débora Pérez e Sonia Méndez na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto de Santiago de Compostela, onde tamén recibiu formación en Danza Contemporánea con David Loira. Ao longo da súa  formación asistiu a cursos de texto e acción contemporánea, clown, loita escénica, danza, dramaturxia, voz, etc. con diversos profesionais das Artes Escénicas.
Ler mais...

Carlos Rebolo

Comeza a súa traxectoria, como actor e director de teatro, en compañías amateur en 1990. É membro fundador de Hipócrita Teatro (2004), compañía que dirixe dende 2010, e coa que protagonizou pezas de diferentes xéneros, entre as que destacan “A Turbia Historia de Claudio e Mesalina” ou “Homes en Escabeche” (Premio Manuel Lugrís 2012 ao mellor actor).
Ler mais...

cinco MINUTOS sen respirar

A primeira peza da Compañía é unha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, que profundiza na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

Mais información

Formigas no Peto

No seu segundo espectáculo, Formigas no peto, Ítaca Teatro afonda na capacidade do teatro para comunicar e transmitir emocións e dá un paso máis na experimentación con códigos contemporáneos.

Mais información