Autor: Gustavo Ott
Dirección: Carlos Neira
Idioma: Galego/Castelán
Público: adulto
Duración: 75 minutos
Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.
Sinopse
Hoxe sufro dende máis abaixo. Hoxe sufro soamente. Dóeme agora sen explicacións. A miña dor é tan fonda, que non tivo xa causa nin carece de causa. Que sería a súa causa? …”
César Vallejo
A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.
“A vida e os soños son fillos dun mesmo libro. Lelos na orde é vivir, botarlles unha ollada é sońar”
Schopenhauer
Cinco minutos sen respirar, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia… e de tantas outras cousas, que non dá tempo a resumilas en cinco
minutos.
“A poesía é a única proba concreta da existencia do home”
Luis Cardoza e Aragón
A Margarita acaban de despedila do seu traballo no banco e refúxiase nun supermercado, non só preocupada polo seu despedimento, se non tamén escapando dunha relación tormentosa que iremos coñecendo aos poucos entre decenas de citas literarias.
—“Cita! Necesitamos unha cita que nos explique por que o primeiro amor é tan sublime e tan estúpido”
— di Margarita.
Víctor é supervisor do supermercado e coñeceu a Margarita recentemente como usuario do banco. Ambos personaxes mergúllanse nunha conversación sobre as súas vidas, os seus desexos e os seus medos, mentres parecen permanecer atrapados na tenda.
—“Buscamos caninos que se axusten ás nosas feridas”.
Tynan”
– le Víctor.
Estivemos en...
Auditorio Constante Liste. Teo
Centro C. S. Manuel Lourenzo. O Valadouro
Teatro Gullón. Astorga
Casa da Cultura de Sarria
Auditorio Carmen Estévez. Vilalba
Escenario Hipócrita. Lugo
Casa da Cultura. Burela
Sala Bahía. Concello de Foz
Edificio Socio Cultural. Pantón
Auditorio Municipal. Valga
Teatro Elma. A Pobra do Caramiñal
Auditorio Emilia Pardo Bazán. Sanxenxo
Centro Torrente Ballester. Ferrol
Auditorio Municipal Ilduara. Celanova
Centro Socio Cultural Ágora. A Coruña
Auditorio Municipal. Cedeira
Liceo de Ourense
Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns. Betanzos
Sala Agustín Magán, Centro Socio Cultural de Santa Marta. Santiago de Compostela
Local Social. Vilasantar
Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Auditorio Municipal de Ourense
Sala Hipócrita de Lugo
Casa da Cultura de O Vicedo
Equipo
Elea López
Actriz
Carlos Rebolo
Actor
Carlos Neira
Director
Gustavo Ott
Autor
Diego Valeiras
Escenografía / Vestiario / Atrezzo
Rubén Pérez Pombo
Tradución / Adaptación
La Cosa Gráfica
Deseño Gráfico
David Alonso Garzón
Música Orixinal / Espazo Sonoro
Juan Rivas
Iluminación / Fotografía / Son
Rosalía Fernández Rial
Voz en Off