cinco minutos sen respirar

Autor: Gustavo Ott
Idioma: Galego
Público adulto
Duración: 75 minutos

Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, que afonda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.
Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.

Sinopse

“Hoxe sufro dende máis abaixo. Hoxe sufro soamente. Dóiome agora sen explicacións. A mińa dor é tan fonda, que non tivo xa causa nin carece de causa. Que sería a súa causa? …”
César Vallejo

A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.
“A vida e os sońos son fillos dun mesmo libro. Lelas na orde é vivir, botarlles unha ollada é sońar”
Schopenhauer

Cinco minutos sen respirar, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia… e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos.
“A poesía é a única proba concreta da existencia do home”
Luis Cardoza y Aragón

A Margarita acaban de despedila do seu traballo no banco e vai refuxiarse ao supermercado, non só preocupada polo seu despido, senón tamén fuxindo dunha relación tormentosa que iremos cońecendo pouco a pouco entre decenas de citas literarias.
“Cita! Precisamos unha cita que nos explique por que o primeiro amor é tan sublime e tan estúpido”
— di Margarita.

Víctor é supervisor do supermercado e cońeceu a Margarita recentemente como usuario do banco. Ambos personaxes mergúllanse nunha conversa sobre as súas vidas, os seus desexos e os seus medos, mentres parecen ficar atrapados na tenda.
“Procuramos caninos que se axusten ás nosas feridas. Tynan”
– le Víctor.

Galería

Vídeo promocional

Estivemos en...

Auditorio Carmen Estévez. Vilalba 
Escenario Hipócrita. Lugo
Casa da Cultura. Burela
Sala Bahía. Concello de Foz
Edificio Socio Cultural. Pantón
Auditorio Municipal. Valga
Teatro Elma. A Pobra do Caramiñal
Auditorio Emilia Pardo Bazán. Sanxenxo
Centro Torrente Ballester. Ferrol
Auditorio Municipal Ilduara. Celanova
Centro Socio Cultural Ágora. A Coruña
Auditorio Municipal. Cedeira
Liceo de Ourense
Aula Municipal de Cultura Xuilo Cuns. Betanzos
Sala Agustín Magán, Centro Socio Cultural de Santa Marta. Santiago de Compostela
Local Social. Vilasantar
Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Auditorio Municipal de Ourense
Sala Hipócrita de Lugo
Casa da Cultura de O Vicedo
Teatro Gullón. Astorga
. Sarria

Elenco

Elea López

Actriz

Carlos Rebolo

Actor

Gustavo Ott

Autor

Carlos Neira

Director

En cartel

Cinco minutos sen respirar

75 min
Público adulto
Estreada no 2018

Formigas no peto

80 min
Público adulto
Estreada no 2021

Anacos

50 min
Público adulto
Estreada no 2021

Alma de grilo

60 min
Público mozo e adulto
Estreada no 2022

Ítaca Teatro

Quen somos

sobre nós

A compañía pretende atopar, e que prevaleza nas súas montaxes, o equilibrio necesario para captar o interese do programador, a atención do público, e acadar a satisfacción propia por facer o teatro que lles apaixona

ÍTACA Teatro
Navegar en esta web implica la aceptación de las cookies correspondientes.   
Privacidad