formigas no peto

Duración: 80 minutos
Público: adulto

Dossier
Dossier

No seu segundo espectáculo, Formigas no peto, Ítaca Teatro afonda na capacidade do teatro para comunicar e transmitir emocións e dá un paso máis na experimentación con códigos contemporáneos. Deste xeito, embárcase nunha creación colectiva cunha dramaturxia propia, realizada por Ana Carreira e José Campanari, baseada no traballo de narrador e de improvisación do protagonista, Carlos Rebolo.

Sinopse

Carlos, Carliños, Capi… conta, sinte, viaxa por momentos e lugares da súa infancia que é, nin máis nin menos, a súa patria. As súas lembranzas aparecen mesturadas con personaxes do cotián, que aportan outra mirada á súa historia, e imaxes icónicas do cine ou da literatura, que evocan soños e pesadelos e mesmo poderían ser unha metáfora da súa propia vida.
Estes fragmentos de memoria viaxan no lombo das formigas que se agochan no seu peto e que, de cando en vez, transitan o corpo na procura de emocións.

Formigas no peto mergúllanos na infancia, como cerne do noso ser, a través da memoria do protagonista, unha memoria que en parte podería ser a nosa, porque nela danse a man o individual e o colectivo, o que nos fai únicos e o que nos vencella cos demais.

Elenco

Carlos Rebolo

Actor.

Ana Carreira

Dramaturga

José Campanari

Director

ÍTACA Teatro
Navegar en esta web implica la aceptación de las cookies correspondientes.   
Privacidad