anacos

Duración: 50 minutos
Público: mozo e adulto
Idioma: Galego/Castelán

Historias vividas, escoitadas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá.

Sinopse

As lembranzas van aparecendo nas nosas vidas sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde, calquera tarde, nos invade e nos convida a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruílos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.

Estivemos en…

Sober
Casa da Cultura de Pantón
Local Hipócrita. Lugo
Inauditos de Guadalajara
Auditorio Municipal de Chantada
Centro Sociocultural de Alfoz
Centro Penitenciario de Monterroso
Biblioteca Pública de Lugo
Feria del Libro de Buenos Aires
Barreiros / Colexios Vellos (San Miguel de Reinante)
Casa Veciñal de San Cosme de Liñares (A Pobra de Brollón)
Sala Ártika (Vigo)
Multiusos Ponte de Cuñas de Lourenzá
Escenario Hipócrita de Lugo
Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras)
Praza do Pobo. Concello de Navia de Suarna
Centro Sociocultural. Concello de Rábade
Biblioteca Municipal. Concello de Xermade
Casa da Memoria. Concello de Bóveda
Casa da Memoria. Concello de Bóveda
Carral

Vindeiras funcións

Non hai eventos próximos neste momento.

Equipo

Carlos Rebolo

Contador de historias

JOsé Campanari

Asesoramento externo

ÍTACA Teatro
Navegar en esta web implica la aceptación de las cookies correspondientes.   
Privacidad