Cinco minutos sen respirar

de Gustavo Ott

A peza

Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, que afonda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.

A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

Cinco minutos sen respirar, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia… e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos.

Cinco Minutos

sen respirar

Sinopse

A Margarita acaban de despedila do seu traballo no banco e vai refuxiarse ao supermercado, non só preocupada polo seu despido, senón tamén fuxindo dunha relación tormentosa que iremos coñecendo pouco a pouco entre decenas de citas literarias.

Víctor é supervisor do supermercado e coñeceu a Margarita recentemente como usuario do banco. Ambos personaxes mergúllanse nunha conversa sobre as súas vidas, os seus desexos e os seus medos, mentres parecen ficar atrapados na tenda.

“Procuramos caninos que se axusten ás nosas feridas. Tynan”
– le Victor

“Cita! Precisamos unha cita que nos explique por que o primeiro amor é tan sublime e tan estúpido”
– di Margarita

Gustavo Ott

o autor

Novelista, director teatral e autor dramático venezolano que, dende finais dos anos oitenta, ten unha carreira como dramaturgo que o leva a ser considerado un dos autores máis prolíficos de toda Sudamérica, con decenas de textos que están a levarse a escena por todo o mundo.
As súas pezas teatrais teñen recibido múltiples galardóns como o Premio Internacional de Dramaturxia Tirso de Molina, o Premio Internacional Ricardo López Aranda, o Premio Aguijón Theater/Instituto Cervantes de Chicago e o VIII Premio de Textos Teatrais “Raúl Moreno” FATEX, entre moitos outros.
Igualmente, como novelista, obtivo multitude de premios e acadou un recoñecemento pola súa obra, que fan del un dos escritores de máis prestixio no momento actual. Tamén é periodista titulado pola Universidade Católica Andrés Bello (UCAB) e na actualidade vive en Washington, EE UU.

Carlos Neira

o director

Profesor e Director da Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto, fundada no 1992. Durante este tempo creou e dirixiu diversas pezas de teatro contemporáneo, nas que renuncia a esquemas e formas tradicionais para formular propostas máis arriscadas e conectadas coa actualidade.  Exemplo disto é “Íntimo”. Neste proceso de busca creou a compañía Nut Teatro, que pasou por diferentes etapas. Dende traballos como “Tuanis”, “Mudanzas” ou “Peep Show” ata unha versión de “4.48 Psicosis” de Sarah Kane. A esta continua exploración, súmase  a incorporación de medios arquitectónicos durante a última etapa de Nut Teatro, onde destaca a peza “Wake Up”. Actualmente, Carlos Neira investiga, crea e dirixe unha serie de intervencións, nas que a acción definitivamente adopta un espazo diferente ao convencional e onde continúa vixente o seu interese pola escenificación de autores literarios.

Autoría
Gustavo Ott

Dirección
Carlos Neira

Traducción e Adaptación
Rubén Pérez Pombo

Iluminación, Fotografía e Son
Juan Rivas

Música Orixinal e Espazo Sonoro
David Alonso Garzón

Voz en Off
Rosalía Fernández Rial

Deseño Gráfico
La Cosa Gráfica

Escenografía, Vestiario e Atrezzo
Diego Valeiras

Elenco
Elea López e Carlos Rebolo

Autoría
Gustavo Ott

Dirección
Carlos Neira

Traducción e Adaptación
Rubén Pérez Pombo

Iluminación, Fotografía e Son
Juan Rivas

Música Orixinal e Espazo Sonoro
David Alonso Garzón

Voz en Off
Rosalía Fernández Rial

Deseño Gráfico
La Cosa Gráfica

Escenografía, Vestiario e Atrezzo
Diego Valeiras

Elenco
Elea López e Carlos Rebolo

Falamos?

Elea López 635 852 267

Carlos Rebolo 670 875 211

distribucion@itacateatro.com

ÍTACA Teatro
Navegar en esta web implica la aceptación de las cookies correspondientes.   
Privacidad