Coñece o mundo escénico

Este pode ser o comezo dunha viaxe apaixoante

Chama ou escribe

Oferta formativa

FORMACIÓN MIÚDOS

Ítaca Miúda é un espazo creativo para que @s nen@s a partir dos 3 anos, en grupos por idades, poidan ter un primeiro contacto coas artes escénicas.

FORMACIÓN ADULTOS

Ítaca é un espazo formativo adicado ás artes escénicas que centra a súa actividade na formación actoral e teatral tanto profesional como non profesional.

INTENSIVOS

Luctus lectus non quisque turpis bibendum posuere. Morbi tortor nibh, fringilla sed pretium sit amet.

Elea López

Directora de Formación

Coa apertura de Ítaca materialízase un dos meus soños: abrir un espazo adicado ás artes escénicas onde facer, ver, aprender e ensinar. Cando con 3 anos miña nai me levaba ós seus ensaios de teatro, eu quedaba abraiada con esta arte que permitía converterse noutro e crear un espazo e un tempo diferente ó convencional. Supoño que, dende ese momento, quixen formar parte deste mundo. A miña viaxe ós escenarios comezou con Hipócrita Teatro cando unha tarde de primavera decidimos crear a compañía. Aínda sen equipaxe e sendo moi nova, comecei a experimentar, aprender e gozar sobre as táboas nos ratiños libres que me deixaba o instituto. Este fascinante traxecto fíxome querer saber máis.
ÍTACA Teatro
Navegar en esta web implica la aceptación de las cookies correspondientes.   
Privacidad