ítaca teatro

Quen somos

Elea López

Formada como actriz con Carlos Neira, Nuria Gullón, Débora Pérez e Sonia Méndez na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto de Santiago de Compostela, onde tamén recibiu formación en Danza Contemporánea con David Loira. Ao longo da súa  formación asistiu a cursos de texto e acción contemporánea, clown, loita escénica, danza, dramaturxia, voz, etc. con diversos profesionais das Artes Escénicas.

Inicia a súa traxectoria profesional coa interpretación de Winnie en “Os días felices” dirixida por Carlos Neira. A partir dese momento traballa en diferentes pezas teatrais e performáticas con Nut Teatro, Duelirium, E-330, Hipócrita Teatro. No 2010 crea a súa propia compañía de teatro: GlupGlup Teatro coa que realiza dúas montaxes infantís, unha dirixida por Petra Hoffman e outra por Marcos Ptt.  Compaxina a súa labor de actriz coa de dirección de espectáculos e coa faceta de formadora en teatro e artes escénicas en Espazo Aberto (dende 2011), en Hipócrita (2014-17) e cursos intensivos. No 2017 abre a súa propia escola de artes escénicas: Ítaca, onde dirixe, coordina e imparte formación para adultos, nenos e nenas. Despois de dirixir diferentes proxectos, retoma a labor de actriz creando a compañía Ítaca Teatro xunto con Carlos Rebolo.

Carlos Rebolo

Comeza a súa traxectoria, como actor e director de teatro, en compañías amateur en 1990. É membro fundador de Hipócrita Teatro (2004), compañía que dirixe dende 2010, e coa que protagonizou pezas de diferentes xéneros, entre as que destacan “A Turbia Historia de Claudio e Mesalina” ou “Homes en Escabeche” (Premio Manuel Lugrís 2012 ao mellor actor).

Ademais participou, coa súa compañía e con outras, en diferentes espectáculos teatrais (de rúa, improvisación, conta contos, máscara…).
Despois de formarse, durante todos estos anos, en distintas disciplinas dramáticas e acudir a cursos con Areta Bolado, Carlos Neira, Alfredo Sanzol, Tito Asorey, Andrés Lima, Oscar Codesido, Daniel Salgado, Sergio Macías, Marion Sarmiento, Alicia Corral, Nuria Inglada… decide pasar do teatro amateur ao profesional e crea, xunto con Elea López, a compañía Ítaca Teatro.

A nosa historia

 

ÍTACA TEATRO nace no 2018, produto do reencontro de dous antigos compañeiros que deciden xuntarse para levar adiante un proxecto que lles permita antepor o goce do proceso creativo e que, ao mesmo tempo, lles conceda a liberdade necesaria para afrontar as propostas que lles gustaría ver a eles como espectadores.
A compañía pretende atopar, e que prevaleza nas súas montaxes, o equilibrio necesario para captar o interese do programador, a atención do público, e acadar a satisfacción propia por facer o teatro que lles apaixona.

Ítaca Teatro

Quen somos

sobre nós

A compañía pretende atopar, e que prevaleza nas súas montaxes, o equilibrio necesario para captar o interese do programador, a atención do público, e acadar a satisfacción propia por facer o teatro que lles apaixona

ÍTACA Teatro
Navegar en esta web implica la aceptación de las cookies correspondientes.   
Privacidad