Autoría: María García
Dirección: José Campanari
Idioma: Galego
Público mozo e adulto
Duración: 60 minutos
É unha peza de teatro literario con música en directo, baseada no libro “Alma de grilo” publicado por Edicións Embora.
É un espectáculo concibido para a súa presentación en espazos non convencionais (igrexas, museos, pazos, mosteiros, cemiterios…), mesmo ó aire libre (carballeiras, prazas, xardíns…).
Sinopse
Augurio de fortuna, presaxio de desgrazas ou voz da conciencia, o canto dos grilos sempre gozou de atención na cultura popular. Ese canto é tamén o fío condutor das historias que nos presenta “Alma de grilo”, historias que falan das debilidades humanas, das fortalezas e, sobre todo, dos paradoxos.
A música en directo de Vadim Yukhnevich acompaña os textos, creando un ambiente que apela á emoción e busca a complicidade do espectador na construción dos significados.
En conxunto, o espectáculo podería conformar unha fábula contemporánea sobre a complexa condición humana.
Na posta en escena o director, José Campanari, aposta pola simplicidade e os símbolos universais, aquilo que nos achega ó outro porque nace dunha necesidade común.
Equipo
María García
Actriz e autora
Vadim Yukhnievich
Compositor e intérprete
José Campanari
Director
Icía Saavedra
Intérprete